Curso Federativo de Xuíces Árbitros (Kung Fu moderno)

Convocatoria do curso de titulación e reciclaxe para Xuíces árbitros e Xuíces de Examen nas modalidades de Taolu das especialidades de Kung fu moderno, estilos internos e Qigong.

O Departamento de Kung Fu moderno, Estilos Internos e Qigong da Federación Galega de Kung Fu, convoca o curso de titulación e reciclaxe na modalidade de Formas “Taolu”, dirixido a técnicos e adestradores das especialidades de Kung Fu moderno, Tai Chi Chuan e Chi Kung na súa vertente deportiva – competitiva.

REQUISITOS:

  • Ter a licenza federativa da tempada 2015/16 e fotocopia do DNI.
  • Para as titulacións de nivel II e III e imprescindible ter a titulación anterior.
  • Titulo de Cinto Negro 1º nivel ou próximo a conseguilo.
  • Ter a idade mínima de 16 anos para Arbitro de Nivel -I.
  • Aboar a cota:


Titulación:
                  NIVEL I: 50 €
                  NIVEL II: 75 €
                  NIVEL III: 100 €

Reciclaxe:
                  NIVEL I: 30 €
                  NIVEL II: 45 €
                  NIVEL III: 50 €

As inscricións e o pago deberán facerse a través do seu Club, sendo este quen enviará un listado con nomes dos participantes xunto co xustificante de ingreso ao e-mail: artaigimnasio@yahoo.es

Data límite de inscrición día 12 de febreiro. Prazas limitadas.

NOTAS DE INTERESE:
Todos os alumnos do curso deberán acudir coa normativa aprendida, incluídos os de nova titulación. (Pode solicitar a normativa no momento de inscrición)
Os Xuíces/Árbitros que non estén actualizados e sexan convocados, só cobrarán o 50% da tasa (acordo unánime da Asamblea Xeral da Federación do 22 de febreiro de 2014).

CURSO IMPARTIDO E DIRIXIDO POR:
D. Jose A. Parada González, Cinto 7º nivel. Xuíz e Mestre Nacional.
D. Aarón Blanco Pita, Cinto 4º nivel. Xuíz e Mestre Nacional.

LUGAR E HORARIO:
Artai Gimnasio “A Ponte”, Rio Arenteiro 7 baixo, 32003 Ourense.
13 de Febreiro, 09.00 - 14.00 horas.

Asdo.: Aarón Blanco Pita
Director Departamento

Federación Galega de Kung Fu
C/ Luis Ksado, 17 Ofic. 7 -986 20 31 51– 36209 Vigo.
www.fgkungfu.org

Comentarios

Entradas populares de este blog

Seminario de Actualización Técnica en Tai Chi

Curso de Formación Técnica en Tai Chi Chuan (Moderno y Tradicional)

ACTIVIDADES FEDERATIVAS EN ABRIL 2019