Entradas

Mostrando entradas de enero 31, 2016

Curso Federativo de Xuíces Árbitros (Kung Fu moderno)

Convocatoria do curso de titulación e reciclaxe para Xuíces árbitros e Xuíces de Examen nas modalidades de Taolu das especialidades de Kung fu moderno, estilos internos e Qigong. O Departamento de Kung Fu moderno, Estilos Internos e Qigong da Federación Galega de Kung Fu, convoca o curso de titulación e reciclaxe na modalidade de Formas “Taolu”, dirixido a técnicos e adestradores das especialidades de Kung Fu moderno, Tai Chi Chuan e Chi Kung na súa vertente deportiva – competitiva. REQUISITOS: Ter a licenza federativa da tempada 2015/16 e fotocopia do DNI. Para as titulacións de nivel II e III e imprescindible ter a titulación anterior. Titulo de Cinto Negro 1º nivel ou próximo a conseguilo. Ter a idade mínima de 16 anos para Arbitro de Nivel -I. Aboar a cota: Titulación:                   NIVEL I: 50 €                   NIVEL II: 75 €                   NIVEL III: 100 € Reciclaxe:                   NIVEL I: 30 €                   NIVEL II: 45 €